quarta-feira, 1 de julho de 2009




Opera (Navegador)


O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa noruega Opera Software en 1994. Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.
O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en implementar "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model), CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz basado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.
As súas maiores distribucións son para Windows, Apple Macintosh e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).

Nenhum comentário:

Postar um comentário